O circuíto das Pontes será escenario da última proba do VF Timing
TerraChaXa
O VF Timing chega ao seu fin e faino no mesmo circuíto no que arrancou, nas Pontes. En xogo aínda moitos títulos e moitas bolsas infantís.
14 Oct 2022
O VF Timing chega ao seu fin e faino no mesmo circuíto no que arrancou, nas Pontes. En xogo aínda moitos títulos, no aire aínda moitas bolsas infantís para a tempada 2023 e xornada de celebración sen presión para o pontés Fran da Silva, xa campión.
A carreira, na que participarán novos pilotos con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, inclúe as categorías Minimotos Minivelocidade, Pitmotard, GP Sport e Supermoto. Tamén haberá un sector de adultos.