A Pastoriza acollerá a primeira fin de semana de xuño a terceira proba do Campeonato Galego de Karting

TerraChaXa
O circuíto da Pastoriza acollerá a fin de semana do 2 e 3 xuño a terceira proba do Campeonato Galego de Karting, na que participarán uns 35 pilotos en sete categorías, rookies (ata 8 anos), alevín, cadete, X30, Superx30, Open125 e KZ2.
ccd67f96 0015 49e2 b009 29cfc8d3dba1
21 May 2018

O circuíto da Pastoriza acollerá a fin de semana do 2 e 3 xuño a terceira proba do Campeonato Galego de Karting, na que participarán uns 35 pilotos en sete categorías, rookies (ata 8 anos), alevín, cadete, X30, Superx30, Open125 e KZ2.

O campionato arrincará o sábado cos adestramentos libres, que serán de 11.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 19.00 horas, con roldas de 15 minutos por categoría. O domingo será a competición oficial. Ás 9.00 faranse as verificacións para a continuación comezar ás 10.15 cos adestramentos libres. Os oficiais serán a partir das 11.45 horas e as semifinais e finais, comezarán ás 13.15 horas.

En canto aos pilotos da zona, destaca a participación dun equipo de Vilalba, campión na última tempada na categorìa X30, do máis cativo e pontés Adrián Dopico e tamén a salientable presenza feminina, con tres inscritas polo momento.

As seguintes probas serán no karting A Magdalena o 15 de xullo, en Pastoriza o 9 de setembro e a derradeira nas Pontes o 14 de outubro. O peche de inscricións para este 43º Karting A Pastoriza realizarase o día 30 de maio ás 14:00 horas, estando ao completo a ficha habilitada e o pagamento.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18283295631409