O circuíto de kárting das Pontes acollerá o sábado o V Slalom Vila das Pontes
O Automóvil Club As Pontes, organiza o V Slalom Vila de As Pontes o día 1 de xuño, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato Galego de Slalom.
Un slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.
Poden participar toda clase de vehículos de turismo, con carrocería pechada ou teito duro, dun mínimo de dúas prazas e que estean homologados, que proveñan de series de fabricación e en posesión da ITV e seguro obrigatorio (SOA).
As solicitudes de inscrición deberanse remitir vía e-mail a inscripcions@automovilclubaspontes.com
O circuíto de asfalto plan redial nacional, estará emprazado no Circuíto de Kárting das Pontes.
Celebraranse dúas manga de adestramentos-recoñecemento e dúas oficiais. A participación na manga de adestramentos será obrigatoria sen penalizacións.
As dúas mangas oficiais serán obrigatorias e para establecer a clasificación final, só se tomará o tempo acadado na mellor das dúas mangas disputadas polo participante, e sempre con penalizacións incluídas.
Haberá premios para os 8 primeiros clasificados, que van dende os 300 euros do gañador aos 50 euros do último en puntuar, o que supón un total de 950 euros.