O circuito de karts da Pastoriza contará cun bloque de aseos
O circuito de Karting forma parte da rede de instalación deportivas coas que conta o Concello da Pastoriza, o seu uso e sigularidade fan desta instalación unha das máis visitadas por usuarios tanto da comunidade galega, coma doutras comunidades do estado, polo que é obrigatorio mantelo en condicións de uso, e cumprir a normativa vixente para este tipo de instalación.
As actuacións que se pretenden levar a cabo con estas obras, é a mellora no equipamento coa contrucción dun bloque de aseos e a renovación da rede de abastecemento de auga.
A necesidade de construir un bloque de aseos, ven dada porque na actualidade existen seis módulos sanitarios, prefabricados en madeira, dispersos pola zona de acceso ao circuito, que se atopan totalmente deteriorados dado que a estructura é de madeira, pero que a maiores incumpren a normativa en vigor en canto a obrigas sanitarias e de accesibilidade de obrigado cumprimento nestes espazos.
Este novo módulo que sustituirá aos existentes, estará dividido en aseos e vestiarios tanto feminino como masculino, así como unha zona de vestiarios e baños adaptados para persoas con problemas de movilidade. Todos eles estarán dotados con duchas, inodoros, lavabos, un cuarto de limpeza e un cuarto para instalación.
A mellora da rede de abastecemento de auga, consistirá na sustitución de tubaxes de auga que discorren polo circuito, por outras novas adaptándoas en canto a caudal, ás necesidades do circuito. A rede actual presenta multiples fugas, difíciles de detectar dado que unha boa parte da pista de karting se atopa asfaltada e a auga filtrase a través do solo sin que aflore á superficie, o que provoca fugas de auga importantes, imposibles de localizar, ocasionando considerables achiques de auga no depósito municipal.
O orzamento desta actuación é de 61. 714,59 euros, corre a cargo de fondos do plan Único da Deputación.