O circuíto de Outeiro de Rei volve acoller o VF Challenge Moto Race
TerraChaXa
Esta fin de semana terá lugar no circuíto de Outeiro de Rei unha nova proba da VF Challenge MR para distintas categorías.
18 Xul 2022
Esta fin de semana terá lugar no circuíto de Outeiro de Rei, En robra, unha nova proba da VF Challenge MR nas modalidades de minimotos, minivelocidade, pitmotard, GP Sport e Supermoto.
A proba, organizada polo VFM Motoclub coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei será puntuable para o Campionato Gelgo de Minivelocidade.
Aínda que a apertura de portas é ás 8.30 horas, a competición iniciarase ás 10.00 e rematará ás 19.36 horas na xornada do sábado. O domingo están previstos os adestramentos cronometrados de 9.30 a 10.58 horas para continuar coas mangas ata as 15.30 horas.
Os interesados en participar teñen de prazo ata o 20 de xullo para inscribirse.