O CIT de Begonte incorporanse á Rede de praias sen fume
TerraChaXa
O CIT de Begonte vén de sumarse á Rede galega de praias sen fume, promovida polo Programa de promoción da vida sen tabaco.
27 Xul 2021
O CIT de Begonte vén de sumarse á Rede galega de praias sen fume, promovida polo Programa de promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Sáude Pública da Consellería de Sanidade.
Os obxectivos da iniciativa Praias sen fume son promocionar unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais/nais, formar unha rede galega de ‘Praias libres de tabaco’ e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.
Esta campaña ten un fin educativo, de promoción da saúde e de protección do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario.