O Club Atletismo de Lourenzá acadou o bronce no campionato galego
TerraChaXa | AMariñaXa
18 Mar 2019
O veciño de Ribadeo Pablo Fernández García, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu unha medalla de bronce na categoría M-50 do campionato galego de 5 quilómetros en ruta celebrado nas Pontes onte, domingo.
Pablo Fernández finalizou a proba cun tempo de 17 minutos e 35 segundos, o que lle permitiu conseguir o seu segundo metal nun campionato galego, tralo bronce nos 3.000 metros lisos que lograra en Ourense o pasado día 3 deste mes.