O Club Atletismo Friol logrou dúas medallas no campionato de pista cuberta
O pasado sábado 8 de febreiro se disputou na Coruña o campionato galego de pista cuberta para a categoría sub 18, e onde o Club Atletismo Friol lograba dúas medallas.
Así, o atleta máis destacado era Samuel Castedo, que lograba o título de campeón galego na disciplina do salto de altura, cun mellor salto de 1.84 metros. Samuel viña de facer a semana anterior un mellor salto de 1.88 metros, que lle dan acceso directo o campeonato de España de pista cuberta da categoría e que se disputará o vindeiro mes de Marzo en Valencia. Pola súa parte, Nerea Lage tamén conquería a medalla de bronce na proba dos 3.000 metros lisos, onde facía un tempo de 11.03 minutos.
Tamén tomaba parte neste campeonato Alejandro Fernández, que conqueria a cuarta posición na proba do salto de altura, onde facía un rexistro de 1.71 met