O Club Atletismo Friol volve á competición no Torneo de Reis de Pontevedra

TerraChaXa | LugoXa
Comenzo desta atípica tempada atlética para os representantes do Atletismo Friol, que estiveron presentes na III Edición do Torneo Nacional de Reis disputado na cidade de Pontevedra.
O Club Atletismo Friol volve á competición no Torneo de Reis de Pontevedra
7 Jan 2021

Comenzo desta atípica tempada atlética para os representantes do Atletismo Friol, que estiveron presentes na III Edición do Torneo Nacional de Reis disputado na cidade de Pontevedra. Despois dun parón da máis de cinco meses a causa da pandemia, esta proba serviu para ir retomando a actividade para o club friolés.

A deportista máis destacada foi María Carballido, que se facía coa terceira posición na proba dos 200 metros lisos, onde marcaba un tempo final de 27.14 segundos, mentras que a súa compañeira de equipo, Nerea Montes, firmaba a decimoterceira posición final cun tempo de 33.30 segundos.

Tamén na proba dos 200 metros lisos, Alejandro Fernández tiña o seu debut sobre esta distancia, firmando un tempo final de 24.50 segundos. Por último, na proba dos 3.000 metros lisos, Nerea Lage finalizaba na séptima posición final cun tempo de 10.57 minutos.

0.15728902816772