O Club Atletismo Lourenzá acadou un bronce no campionato galego de pista cuberta

TerraChaXa | AMariñaXa
6 Mar 2019

O veciño de Ribadeo Pablo Fernández García, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu unha medalla de bronce no campionato galego máster de pista cuberta celebrado en Ourense este pasado domingo. Foi concretamente na proba de 3.000 metros lisos na categoría M50. Pablo Fernández debutaba en pista cuberta e logrou un tempo de 10 minutos e 18 segundos nesa competición. Tamén participou nas probas de 400 metros lisos e 800 metros lisos, conseguindo un 6º e 5º posto respectivamente.
Nese campionato o Club Atletismo Lourenzá tamén estivo representado por Juan Luís Méndez, que participou nas probas 60 metros lisos, 200 metros listos e 400 metros lisos, nas que conseguiu un 4º posto, na primeira delas, e senllos quintos postos nas dous seguintes.

0.11747789382935