O Club Atletismo Ría de Foz terá unha reunión informativa o venres

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O vindeiro venres, día 25 de setembro ás 20 horas na casa da cultura de Foz, a directiva do Club Atletismo Ría de Foz convoca unha reunión informativa.
23 sep 2020

O vindeiro venres, día 25 de setembro ás 20 horas na casa da cultura de Foz, a directiva do Club Atletismo Ría de Foz convoca unha reunión informativa.

Este encontro será para comentar a planificación da nova tempada deportiva 2020/2021, marcada pola pandemia, tanto a nivel de nenos como de adultos.

Falarase dos horarios de adestramento, probas nas que competirá o club, equipacións, novos retos, eventos deportivos,etc. Ademais, resolveranse todas as dúbidas que se formulen por parte dos asistentes.

A xuntanza está aberta a todas as persoas interesadas no proxecto.

0.16526794433594