O Club Baloncesto As Pontes organiza unhas xornadas de portas abertas

TerraChaXa
A actividade desenvolverase durante os días luns, mércores e venres, repartida en distintos horarios e instalacións
xornadas-portas-abertas-cb-as-pontes-portada
8 Jun 2025

O Club Baloncesto As Pontes celebrará a vindeira semana unhas xornadas de portas abertas dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2019. A actividade desenvolverase durante os días luns, mércores e venres, repartida en distintos horarios e instalacións segundo os grupos de idade.

Para os máis pequenos, nados entre 2015 e 2019, as sesións terán lugar de 17:00 a 18:15 horas no Polideportivo Municipal. Os rapaces e rapazas nacidos nos anos 2013 e 2014 adestrarán no mesmo recinto entre as 18:15 e as 19:30 horas.

O grupo de nados en 2011 e 2012 terá sesións repartidas en tres instalacións diferentes: o luns en Castro da Uz (18:30-19:45 h), o mércores en Monte Caxado (18:15-19:30 h) e o venres de novo en Castro da Uz (19:00-20:30 h).

Por último, os mozos e mozas nados nos anos 2009, 2010 e 2011 adestrarán o luns en Castro da Uz (19:45-21:15 h), o mércores en Monte Caxado (19:30-21:00 h) e o venres tamén en Monte Caxado (20:00-21:30 h).

Desde o club animan a todas as familias interesadas en que os seus fillos e fillas proban o baloncesto a acudir a estas sesións, nas que poderán coñecer de primeira man o funcionamento da entidade e o ambiente deportivo que se promove. Para máis información, pódese contactar a través das redes sociais do club ou no número de teléfono 619 831 897.

⚙ Configurar cookies
0.19730997085571