O club BTT Castro recupera a súa kedada anual de abril

TerraChaXa | LugoXa
O club ciclista BTT Castro celebrará o 16 de abril a quinta edición da súa quedada anual que tivo que ser suspendida no 2020 pola pandemia.
KEDADA CASTRO ABRIL
13 Mar 2023

O club ciclista BTT Castro celebrará o 16 de abril a quinta edición da súa quedada anual que tivo que ser suspendida no 2020 pola pandemia e que aínda non se celebrou de novo.

A proba consistirá nunha ruta cicloturista polo Concello de Castro de Rei, na case a súa totalidade que non terá carácter competitivo, polo que non será cronometrada. O obxectivo desta actividade será o de facer unha excursión á que poda sumarse o maior número de amantes do ciclismo posible.

Por todo isto, non terá moitas dificultades técnicas e a organización lembra, que non terá asistencia polo que cada un debe estar en condicións de rematar a proba e levar os repostos que considere necesarios (cámara, parches, bomba de aire, etc…).

A organización anunciou que este ano habrerá unha pinchada final con sesión vermú e máis sorpresas.

KEDADA CASTRO ABRIL INTERIOR
0.17579507827759