O Club Ciclista Terra Chá e Biciclistas Galegos participan na Powerade NonStop Madrid-Tajo
O Clube Ciclista Terra Chá e Biciclistas Galegos participarán na Powerade NonStop Madrid-Tajo Internacional-Lisboa, unha carreira que, según os organizadores, é a proba máis dura e longa do mundo.
A proba consiste en recorrer os máis de 770km que separan Madrid de Lisboa por carreiros e pistas no menor tempo posible, por equipos, sen paradas obrigatorias e sen axudas externas. A Powerade NonStop Madrid-Tajo Internacional-Lisboa cumple a súa sexta edición e celebrarase os días 21,22 e 23 de detembro
A proba poderá seguirse en directo pola web da organización http://poweradenonstopseries.com/madridlisboa/. Co dorsal 423 participará o Clube Ciclista Terra Chá composto por: 423A Luismi Obarrio, 423B Luis Obarrio, 423C, Javier García e 423D Pablo Yáñez.
Co dorsal 424 participa Biciclistas Galegos. Neste caso na categoría de equipos mixtos e composto por: 424A Manuel Díaz, 424B Laura Rey, 424C Óscar García e 424 D José Luis Arias.
Casiano Engroba e José Antonio Torres figuran como corredores suplentes de cada un dos equipos.
A participación conta co apoio do Concello de Vilalba, Deputación de Lugo, Caravanas Yakart, CODAN, Bar A Carballeira, Velaibike e Ambiseint.