O Club Ciclista Terra Chá fai unha homenaxe ao compañeiro falecido nun accidente en setembro en Xermade

TerraChaXa
Durante a celebración da última ruta do ano, subiron ao Miradoiro do Monseivane, onde colocaron unha pedra gravada
homenaxe-club-ciclista-terra-cha-monseivane
2 Jan 2026

O Club Ciclista Terra Chá de Vilalba celebrou este mércores a súa habitual saída de fin de ano, unha xornada que nesta ocasión estivo marcada pola emoción e o recordo.

A actividade serviu para render unha homenaxe especial a Miguel García Folgueira, compañeiro do club falecido o pasado 5 de setembro nun accidente de tráfico en Xermade mentres practicaba o que máis lle apaixoaba: o ciclismo.

Como xa fixera noutros anos, a entidade organizou unha ruta ata o Miradoiro do Monseivane, o punto máis elevado do municipio vilalbés. Alí, os participantes aproveitaron para descubrir unha placa conmemorativa na súa memoria, situada nun enclave simbólico para os afeccionados á bicicleta.

Na saída, que reuniu arredor dunha vintena de socios do CC Terra Chá nesta última actividade de 2025, tamén participaron varios membros da familia de Miguel, convidados expresamente polo club. O acto culminou coa descuberta dunha pedra gravada que inclúe a silueta de varios ciclistas e o nome de Miguel García Folgueira, acompañados do lema Pedaleamos sempre xuntos, unha mensaxe que simboliza o vínculo permanente co compañeiro lembrado.

⚙ Configurar cookies
0.077168941497803