Dous deportistas do club de Atletismo Friol participan no Campionato de España

TerraChaXa
O pasado sábado 7 de marzo disputouse o Campionato de España de pista cuberta para a categoría sub-18 e onde tomaban parte os deportistas do Atletismo Friol, Nerea Lage e Samuel Castedo.
Dous deportistas do club de Atletismo Friol participan no Campionato de España
11 Mar 2020

O pasado sábado 7 de marzo disputouse o Campionato de España de pista cuberta para a categoría sub-18 e onde tomaban parte os deportistas do Atletismo Friol, Nerea Lage e Samuel Castedo.

Nerea o faría na proba dos 1.500 metros lisos, onde era décima na súa serie cun tempo de 4.58 minutos, marca que lle daba o trixesimoprimer posto da clasificación final, mentras que Samuel tomaba parte na proba do salto de altura, onde cun mellor salto de 1.79 finalizaba no posto vixesimosegundo.

Tamén se disputou este mesmo fin de semana o Campionato Galego de pista cuberta para a categoría sub-20, e onde María Carballido sigue amosando o seu bo momento de forma que atravesa neste momento da tempada, xa que lograba a victoria na proba dos 1.500 metros lisos e entraba e conquería a medalla de prata na disciplina dos 400 metros lisos.

0.42097902297974