O Club de Atletismo Ría de Foz fará a súa primeira asemblea xeral

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Club de Atletismo Ría de Foz celebrará o venres 4 de setembro, ás 20h, no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero a súa I asemblea xeral.
1
6 Ago 2020

O Club de Atletismo Ría de Foz celebrará o venres 4 de setembro, ás 20h, no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero a súa I asemblea xeral.

Pasados xa catro anos desde a formación da entidade, a primeira directiva do club focego realizará, nesta xuntanza cos seus socios e atletas, un exhaustivo balance do traballo realizado ata o momento.

Estes primeiros anos de vida do Ría de Foz estiveron caracterizados pola expansión e consolidación do proxecto: aumento da base de atletas das categorías inferiores e dos adultos, federación do Club, participación destacadas en diferentes competicións, organización de diversos eventos deportivos no concello etc.

Aquelas persoas interesadas, en dirixir o proxecto do Ría de Foz nos vindeiros catro anos, poderán depositar as súas candidaturas na Biblioteca Municipal de Foz.

As datas para realizar esta xestión comprenderán desde o venres 14 de agosto ata o día 28 dese mesmo mes. Todas as propostas serán sometidas a votación na asemblea xeral.

0.12648105621338