O Club de Atletismo Ría de Foz reuniuse coa Federación galega para falar do seu futuro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz reuniuse co presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o Vicepresidente da mesma, Jesús Vázquez, no Colexio Martínez Otero para tratar temas como o futuro inmediato do Club.
DEPUTACION FUTBOL SALA
27 Ago 2020

A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz reuniuse co presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o Vicepresidente da mesma, Jesús Vázquez, no Colexio Martínez Otero para tratar temas como o futuro inmediato do Club.

No encontreo tamén se falou de proxectos concretos e os directivos da Federación quixeron trasladarlle á directiva de Foz os seus parabéns polo traballo desenvolvido nestes primeiros catro anos de vida, dos que eran bos coñecedores.

Na xornada de tarde, os directivos da Federación achegáronse a unha sesión de adestramento das categorías inferiores do Club, nas que se cumpriron todas as medidas hixiénicas pertinentes, para falar cos pícaros e animalos a que sigan practicando este fermoso deporte.

0.12175416946411