O Club de Hockey As Pontes abre as súas portas este mes os luns e mércores

TerraChaXa
Para nenos a partir de 4 anos ofrecen clases para aprender a patinar
Hockey Club As Pontes
23 sep 2024

Aínda que a tempada dá comezo esta fin de semana, o Hockey Club As Pontes ten aberto o prazo de inscrición para aprender a patinar.

Esta formación está aberta a nenos a partir de 4 anos e impártese os luns e mércores de 16.30 a 17.30 horas no colexio da Magdalena.

Durante este mes de setembro o club terá as portas abertas para os que desexen probar antes de tomar unha decisión.

Para contactar co club poden poñerse en contacto no número 624 576 750.

0.06036114692688