O club de lectura Avelino Díaz organiza unha excursión a Ourense

O club de lectura Avelino Díaz, en colaboración coa asociación cultural Avelino Díaz e a asociación de veciños da Órrea, organiza unha excursión a Ourense o sábado 20 de xullo para facer a ruta da novela de Eduardo Blanco-Amor A Esmorga, ademais doutras actividades e un almorzo para pasar o día.
Para anotarse á actividade, que é aberta a todo o público, hai que chamar ao teléfonos de Araceli (628 671 655) e Carlos (636 721 008). A data límite para inscribirse é o 1 de xullo.