O Club de Lectura de Alfoz retoma a súa actividade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O día 5 de novembro o Club de Lectura de Alfoz retoma a súa actividade.
404c59ce 68c8 491b 99e2 429fedb0726a
28 Out 2020

O día 5 de novembro o Club de Lectura de Alfoz retoma a súa actividade. Así, os xoves alternos será en horario de 19 a 20 horas na biblioteca. Nesta primeira ocasión a obra elixida é A dúbida de María Reimóndez.

A Biblioteca Pública de Alfoz ten a disposición dos seus usuarios dous lectores de libros electrónicos dentro do programa Biblioteca Conectad@ que forma parte do plan de dinamización da biblioteca e que supón o incremento de actividades nas súas instalacións así como novo equipamento.

A partir do luns 26 están dispoñibles para o seu préstamo os dous lectores de libros electrónicos para maiores de 14 anos. Para máis información haberá que pasarse pola biblioteca ou pincha no enlace

Tamén se inclúe novo mobiliario polo que durante o mes de novembro se levará a cabo unha reorganización da biblioteca para optimizar os espazos e  usos da mesma. Tamén se compraron exemplares das lecturas obligatorias dos IES de Alfoz-Valadouro, Monte Castelo, Perdouro e IES de Foz para que os estudantes do municipio poidan contar con estas obras na biblioteca municipal para o seu préstamo.

0.3038649559021