O Club de Lectura Entre Liñas continúa coas súas xuntanzas literarias

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, acolle unha nova xuntanza literaria do Club de Lectura Entre Liñas.
Así, está prevista este venres, día 12 de decembro, unha xuntanza con Ana Rubio, autora de La montaña se mueve. Será ás 20.30 horas con entrada libre.
O illamento e a procura de respostas persoais forman o núcleo desta historia, onde a natureza non só é o escenario, senón tamén un personaxe en si mesmo. Ana naceu en Madrid, pero levaba 23 anos viaxando polo mundo ata que chegou a Asturias, primeiro ao Parque Natural de Redes, onde se desenvolve a historia, e logo ao enclave de Bustapena, municipio de Villanueva de Oscos, onde actualmente reside.
O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico.