O Club de Lectura Entre Liñas convoca unha nova xuntanza literaria este venres

TerraChaXa
Visita o Fogar de Maeloc Tatiana Tibuleac, autora de 'El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes'
tatiana-tibuleac-entre-linas
24 Apr 2025

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, acolle unha nova xuntanza literaria do Club de Lectura Entre Liñas.

Así, está prevista este venres, día 25, unha xuntanza con Tatiana Tibuleac, autora de El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes. Será ás 20.30 horas con entrada libre.

A relación entre Aleksy e a súa nai atravesa por danos irreparables, mais todo cambia ao pasaren un verán xuntos nunha pequena vila francesa. Unha fermosura literaria que non podes evitar ler.

O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico.

⚙ Configurar cookies
0.074659824371338