O Club de Lectura Entre Liñas convoca unha nova xuntanza literaria

TerraChaXa
Visita o Fogar de Maeloc Bábara Mingo, autora de 'Lloro porque no tengo sentimientos'
barbara-mingo-lloro-porque-tengo-sentimientos
28 Mar 2025

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, acolle unha nova xuntanza literaria do Club de Lectura Entre Liñas.

Así, está prevista este sábado, día 29, unha xuntanza con Bárbara Mingo, autora de Lloro porque no tengo sentimientos. Será ás 20.30 horas con entrada libre.

Este volume recolle algúns dos artigos publicados pola autora nos últimos anos. Moitos deles describen paseos que dá pola cidade, á caza do detalle esclarecedor, dando por boa a definición do mundo como un enigma. Pero en metade da pescuda, ese mundo pode transformarse nunha pista de patinaxe e a misión cambia de golpe. Son paseos por rúas, pero son tamén paseos pola linguaxe, xogos que se abordan coa esperanza de aprender algo. Aquí foron convocados animais que fan compañía, recordos que asaltan ao virar a esquina, suspensións da lóxica, poetas mortos e vivos, costumes abandonados ou citas bíblicas.

O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico.

⚙ Configurar cookies
0.83091902732849