O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas
TerraChaXa
O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza organiza unha nova actividade aberta ao público e vinculada cos libros do seu programa.
5 May 2022
O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Raquel Hermida Manzaneque visitará o club.
Será este sábado, 7 de maio, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir á escitiora de ¡Hay que andar!, unha obra na que ofrce claves e ferramentas para convivir con un mesmo e cos demais.
Docente, empresaria e relatora, Raquel Hermida ten unha ampla experiencia no desenvolvemento do talento, o crecemento persoal e profesional tanto en empresas coma no ámbito familiar e privado. Na súa faceta como docente resaltan a súa formación en motivación, liderado e en marca persoal.