O Club de Lectura Entre Liñas de Pastoriza recibe o sábado a Abril Camino

TerraChaXa
O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico
entre-linas-visita-abril-camino
25 Feb 2026

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura de Pastoriza, acolle unha nova xuntanza literaria do Club de Lectura Entre Liñas.

Así, está prevista este sábado, día 28 de febrero, unha xuntanza con Abril Camino, autora de Mulleres que viven xuntas. Será ás 20.30 horas con entrada libre. Ao remate haberá sinatura de libros.

En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente.

Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, Mulleres que viven xuntas interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.

O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico.

0.1256890296936