O club de lectura Entre Liñas organiza unha conversa co escritor Brais Lamela

TerraChaXa
O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Xosé Luís Vázquez Somoza o visitará.
ninguen queda brais lamela
9 Maio 2024

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza continúa coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión Baris Lamela visitará o club.

Será este sábado 11 de maio, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir ao escritor de Ninguén queda.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.

O lugués Brais Lamela foi o galardoado na categoría de Narrativa da XXXIV edición dos Premios O Ollo Crítico de Radio Nacional de España. Actualmente, cursa un doutoramento en literatura na Universidade de Yale, onde tamén exerce a docencia.

Sinopse

Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.

Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os perso­naxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.

Cunha linguaxe interrompida, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos, un artefacto impuro, crebadizo, conmovedor.

0.13101100921631