O club de lectura Entre Liñas organiza unha conversa co escritor Manuel Vázquez

TerraChaXa
O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Xosé Luís Vázquez Somoza o visitará.
encontro manuel vazquez o pracer da chuvia portada
19 Xan 2024

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza continúa coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión Manuel Vázquez visitará o club.

Será este sábado 20 de xaneiro, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir ao escritor de O pracer da chuvia.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.

“A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.

Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servando, aquel home listo, que ía por diante; Eliseo, o seu avó, que morreu sendo el moi novo; as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro; Pedro da Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enriba do lobo…

Pero tamén personaxes urbanos. É o caso de Celia, que facía a súa propia roupa e comía mazás con whisky, unha desas mulleres malas, que fumaba e quería ser independente, en palabras do autor; Ramona, nacida na Coruña e emigrante á Arxentina, onde coñeceu a Ricardo, outro emigrante de Pol; aquela muller de Lisboa, que lle dixo que ao escoitalo lle fixera lembrar as feiras de Óbidos; a mestra que por ter relacións cunha casada, foi estigmatizada e tivo que pedir traslado…” Extracto do prólogo de Xesús Trashorras.

0.19705986976624