O club de loita vilalbés repite como campión da liga galega de base
O Club Loitas Olímpicas de Vilalba participou na xornada final da Liga Galega de Deporte Base que tivo lugar en Santiago de Compostela e na que o club proclamouse campión por segundo ano consecutivo.
A competición, adaptada ás características das e dos deportistas máis novos, reúne aos principais clubs galegos que forman equipos coas categorías prebenxamín, benxamín e alevín e que se van clasificando para esta sornada final en varias xornadas territorias previas.
Moitos dos deportistas vilalbese non puideron participar nesta final debido á coincidencia nestas datas con outros compromisos pero a alta puntuación obtiva na xornada norte clasificatoria serviu de colchón para revalidar este primeiro posto.
Aos varios títulos de campións galegos e de España desta tempada, súmase agora este título que os coloca por segundo ano consecutivo como a mellor escola de deporte base de loita en Galicia e lles dá ánimos para seguir coa liña de traballo retomada trala crise sanitaria.
As próximas citas destes deportistas serán o Gran Premio de España sénior e o posterior Mundial clasificatorio onde José Cuba pode culminar unha magnífica tempada para a loita vilalbesa.