O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba participou na final do programa Xogade en Vila de Cruces

TerraChaXa
O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba participou na final do programa XOGADE que se dispotou este sábado en Vila de Cruces e na que acadaron o 4º posto de entre os 12 clubs galegos que se clasificaron para esta final nas súas respectivas xornadas zonáis.
O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba participou na final do programa Xogade en Vila de Cruces
17 Xuño 2019

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba participou na final do programa XOGADE que se dispotou este sábado en Vila de Cruces e na que acadaron o 4º posto de entre os 12 clubs galegos que se clasificaron para esta final nas súas respectivas xornadas zonáis.

A clasificación final estivo domiñada polo Keltoi de Vila de Cruces seguido do Ayude de Melide e o Ciudad de Vigo en terceira posición. O equipo vilalbés estivo formado nesta ocasión por: Brais Rochela, Xan García, Alonso Maceiras, Mateo Cupeiro, Lucas Fernández, Bruno Pintos, Dani Díaz, Daniela Gónzalez, Lara Fernández, Izan Pena, Héctor Somoza, Alex Carballeira, Andrés Maceira, Nicolás González, Jimena García, Lucas Díaz e Kevin Cuba

Con esta actividade clausuraron o traballo das categorías de base por esta tempada centrándose agora na preparación dos deportistas de élite para as súas citas internacionais. A próxima cita o Gran Premio de España en Madrid, torneo de gurpo A internacional que será clave para Cuba se quere estar no mundial de Astana, primeira proba clasificatoria para Tokio 2020.

0.15418887138367