Bos resultados para os loitadores vilalbeses nos campionatos galegos escolar e júnior

TerraChaXa
O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba Libre e Grecorroma participou nos campionatos galegos das categorías escolar e júnior.
Club Loitas Olimpicas Vilalba Libre e Grecorroma
25 Abr 2021

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba participou nos campionatos galegos das categorías escolar e júnior que se veñen de disputar en Vila de Cruces.

Nestes, acadaron o terceiro posto por equipos na categoría Escolar coa participación de Xiao Seoane, que conseguiu ouro en menos de 44 kg, e Kevin Cuba, unha prata en menos de 85 kg.

En júnior non subiron ao podio aínda que Samuel Miragaya acadou a prata en menos de 65 kg mentres que Bekbol Oganarov e Manuel Canto remataron en cuarto e quinto lugar respectivamente en menos de 79 kg.

Esta é a primeira cita deportiva do club dende os pasados campionatos de España absolutos do 2020 e os deportistas vilalbeses, tras apenas dúas semanas de adestramento, notaron o parón de máis dun ano sen calzar as botas.

O resto dos equipos acudiron con poucos loitadores ao igual que o equipo vilalbés e houbo moitas ausencias doutras tantas entidades que aínda non se reincorporaron á competición trala pandemia, aínda así comeza a notarse unha mellora e moitas gañas de retomar a actividade da maneira más normal posible.

A semana que vén terá lugar o Campionato de España júnior en Madrid e contan con poder desprazar a algún dos deportistas do club. O que si que segue a adestrar ao cen por cen é José Cuba que en dúas semanas tomará parte na derradeira proba clasificatoria olímpica que terá lugar en Bulgaria a principios de maio.

0.16283106803894