O Club de Pádel As Pontes proclámase campión da Zona Norte na categoría 500

TerraChaXa
Desde o Concello das Pontes quixeron trasladar a súa felicitación a todos os integrantes do equipo polo extraordinario resultado conseguido
padel-campions-zona-norte
31 Jan 2026

O Club de Pádel As Pontes vén de acadar o título de campión da Zona Norte na categoría 500, un logro que recoñece o traballo constante, a dedicación e a paixón do equipo ao longo de toda a tempada. Este éxito é o resultado de meses de adestramentos, numerosos desprazamentos e dun firme compromiso colectivo que permitiu ao club alcanzar o máis alto do podio.

Desde o Concello das Pontes quixeron trasladar a súa felicitación a todos os integrantes do equipo polo extraordinario resultado conseguido, destacando o esforzo e a implicación demostrados en cada competición. O goberno municipal subliñou tamén que este triunfo contribúe a situar á vila como un referente dentro do pádel galego.

O título de campión da Zona Norte supón un novo motivo de orgullo para As Pontes e consolida o crecemento do pádel no municipio, grazas ao traballo dos deportistas, do club e das persoas que apoian este proxecto deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.08548903465271