O Club de Tenis As Pontes convoca unha nova edición do torneo das festas
O Club de Tenis As Pontes vén de convocar a tradicional actividade deportiva para celebrar as festas patronais do Carme e da Fraga.
Así, o torneo XXVI Torneo de Tenis será do 12 ao 18 de xullo, e contará coas categorías alevín, infantil, cadete (masculina e feminina) e sénior para federados e non federados.
A cuota de inscrición será de 10 euros por xogador en categorías alevín, infantil e cadete. 15 euros serán para os xogadores en categorías sénior. Os xogadores do Concello das Pontes abonarán só o 50% da inscrición e só se poderá inscribir como máximo en dúas categorías. O prazo de inscrición remata o 10 de xullo.
Haberá trofeo ao campión e subcampión, e un trofeo aos de alevín, infantil e cadete. Para a categorías sénior federado haberá premio económico ademais do trofeo para o campión (120 euros), subcampión (60), semifinalistas (30) e cuartos (15 euros).