O club de vela fluvial das Pontes organiza a XX Regata Vila das Pontes
O Club de Vela Fluvial As Pontes de acordo co Calendario da Secretaría Rexional da Clase Vaurien e en colaboración coa Federación Galega de Vela organiza a regata Clasificatoria XX Regata Vila das Pontes, que se celebrará no lago das Pontes os días 31 de agosto e 1 de setembro.
As preinscripcións finalizan o día 28 de agosto ás 20:00 horas, e deberán de realizarse a través da web www.velagalicia.es.
O programa do evento comezará o 31 agosto ás 10:00 coa a apertura da oficina de regatas para o rexistro de participantes e a entrega de instruccións . Ás 13:00 será a reunión de patróns, ás 15:00 tocará a atención da 1ª proba, e xa pola noite haberá unha cea de confraternización con pinchos.
O día 1 de setembro ás 11:30 será a saída da 1ª proba, e xa ás 17:00 será a entrega de premios.
Entregaranse trofeos aos primeiros, segundos e terceiros clasificados da categoría absoluta, da categoría femenina e da categoría xuvenil.
Facilitarase aloxamento gratuito no propio lago nunha tenda de campaña militar colectiva, de 15 persoas, que dispoñerá de catres sobre os que colocar o saco de durmir, por cortesía do Terzo de Infantería de Mariña de Ferrol.
Os regatistas interesados en dispoñer de praza nesta tenda de campaña deberán de comunicalo con antelación ao Club, enviando un email a clubdevelafluvialaspontes@gmail.com ou por whasapp ao 649 461 684.