O Club Deportivo Santaballés celebra a súa Xuntanza das Xeneracións el sábado

TerraChaXa
Contará tamén con xogos infantís e unha divertida festa da escuma para os máis pequenos
festa-santaballes
2 Jun 2025

O sábado 7 de xuño, o Club Deportivo Santaballés organiza a súa tradicional Xuntanza das Xeneracións e Festa de Fin de Tempada, unha xornada pensada para toda a familia, con deporte, música, boa comida e moita diversión.

As actividades comezarán a partir das 10:30 horas, con partidos de fútbol abertos a todas as persoas que desexen participar, fomentando así a convivencia entre xogadores e afeccionados de distintas xeracións.

Ás 14:00 horas terá lugar unha sesión vermú animada polo grupo Eventec, antes da comida, que será servida ás 15:00 horas polo Catering Valenciaga. O menú incluirá aperitivos como embutidos ibéricos, petiscos de empanada e polbo á feira, seguido de churrasco mixto con ensalada, tarta de Santiago e viños branco e tinto, ademais de auga, refrescos, café e licores.

A festa continuará a partir das 18:00 horas coa actuación musical do grupo Eventec e contará tamén con xogos infantís e unha divertida festa da escuma para os máis pequenos.

As entradas poden retirarse na Parrillada Area Blanca, no Restaurante Naseiro, a través do teléfono 627 94 59 08, ou contactando con calquera membro da directiva do Club. Os prezos son de 38 euros para adultos, 18 euros para nenos e nenas de 5 a 11 anos, sendo gratis para menores de 5 anos.

⚙ Configurar cookies
0.066694021224976