O Club Filigrana, a Escola Porta Norte e o Club Violeta triunfan no Torneo de Ximnasia Rítmica Lucus Agusti
A Casa do Deporte da cidade acolleu o Torneo de Ximnasia Rítmica Lucus Augusti no que se deron cita as grandes promesas desta práctica deportiva. O Club Filigrana, organizador do evento, fíxose cun o número de medallas logrando tres ouros na categoría Baby B, sénior B e infantil escolar; tres pratas en benxamín B, alevín escolar e sénior escolar e tres bronces en prebenxamín B, infantil B e prebenxamín escolar.
Ademais, a deportista Alejandra Parez-Batallón logrou un primeiro posto en sénior promo, Valeria Villar fíxose cunha prata en infantil promoción e Claudia Gontá acadou un bronce en infantil Promoción. A Mariña tivo unha boa representación no torneo. A Escola de Ximnasia Porta Norte de Ribadeo e Burela levouse once medallas: oito ouros (para o conxunto Iniciación Nivel B, o pre-benxamín Nivel B, o Benxamín Nivel B, o alevín Nivel B, iniciación escolar benxamín escolar, alevín escolar, sénior escolar) e tres pratas (para o conxunto infantil nivel B, o pre-benxamín escolar e o cadete Escolar).
Ademais, tamén participou a Escola Municipal de Xove que logrou un primeiro posto en cadetes, un segundo en alevíns e un cuarto posto en infantís e benxamíns. Outro dos grandes triunfadores foi o Club Violeta de Baamonde que sumou ao seu medalleiro 3 ouros, 5 pratas e 6 bronces. Pola súa parte, o Club Quicela sumou 4 ouros, 3 pratas e 1 bronce. A alcaldesa Paula Alvarellos, o concelleiro Jorge Bustos e a concelleira Ángeles Novo, que entregaron as medallas, recoñeceron no evento o esforzo e a excelencia destas atletas destacadas.