O Club Fluvial de Begonte celebrará a tradicional festa da empanada o 14 e 15 de xullo

TerraChaXa
Un ano máis, o Club Fluvial de Begonte celebrará a súa tradicional Festa da Empanada a fin de semana do 14 e 15 de xullo.
empanada_begonte
4 Xul 2018

Un ano máis, o Club Fluvial de Begonte celebrará a súa tradicional Festa da Empanada a fin de semana do 14 e 15 de xullo. Co programa aínda sen pechar, a organización prevé a celebración de sesión vermú e verbena o sábado deixando para o domingo as comidas familiares nas instalacións.

O domingo tamén haberá sesión vermú e pola tarde terá lugar a actuación do grupo Sons e Soños e o sorteo dun cabrito antes do peche da celebración.

O Club Fluvial manterá as portas abertas e o acceso libre nesta fin de semana e o bar permanecerá aberto e recibirá reservas para esa data nos teléfonos 679 428 344 e  no 619 821 975. Venderase tanto empanada como churrasco e polbo.

cartel 2018
0.19064807891846