O Club Fluvial de Friol celebra o terceiro aniversario da súa reapertura cunha festa

LugoXa | TerraChaXa
Haberá este venres mexillóns e churrasco e haberá música a cargo de DJ Mun
club-fluvial-friol4
Club Fluvial de Friol
18 Jul 2025

O remodelado Club Fluvial de Friol celebra este venres o terceiro aniversario da súa reapertura con varias actividades.

O lugar acollerá ás 21.00 horas mexillóns e churrasco acompañados dunha consumición de balde e, para rematar a noite, actuará DJ Mun. Ademais as copas serán a 5 euros.

O complexo seguirá en activo de luns a venres de 14.00 a 20.00 horas e as fins de semana e días festivos amplíase de 12.00 a 21.00 horas.

Despois do éxito que tivo a decisión de ampliar o período de apertura das instalacións fluviais, decisión tomada debido ás peticións que recibiron por parte dos veciños, que pedían poder desfrutar das boas e renovadas instalacións durante mais tempo, e tamén pola cantidade de xente que ao longo de estes veráns pasados se acercou a Friol para bañarse nas novas piscinas, o Equipo de Goberno decidiu adiantar a apertura e mantelas abertas ata setembro.

Hai tres veráns estreáronse as novas instalacións do Club Fluvial, que foron reformadas tras 40 anos sen cambios. As obras consistiron na renovación integral da edificación do edificio central ademais das dúas piscinas exteriores, unha de adultos e outra infantil, que ten o recinto. Tamén se executaron traballos de urbanización e a creación de espazos axardinados.

⚙ Configurar cookies
0.13238501548767