O club Loita Olímpica Vilalba debuta na tempada cunha medalla de ouro
A tempada deportiva de loita comezou cunha presenza destacada do Club Loita Olímpica Vilalba no Torneo Internacional Villa de Madrid, onde varios rapaces competiron en distintas categorías logrando destacados resultados.
Na categoría U13, Enrique Seoane proclamouse campión na categoría de menos de 70 kg, acadando a medalla de ouro. Héctor Somoza, que competía en menos de 55 kg, terminou en 5ª posición, aínda que non puido completar a competición por mor de certas molestias físicas. Bruno Pintos, do club Lugo Loita Olímpica, obtivo o 9º posto en menos de 45 kg, e Jimena García logrou un meritorio 5º posto en menos de 65 kg.
En canto á categoría U23, Xiao Seoane acadou o 8º lugar en menos de 65 kg, sumando así experiencia e puntos nesta nova tempada competitiva.
Estes resultados supoñen un comezo prometedor para os mozos galegos, que demostraron a súa valía e esforzo nun evento de alto nivel. A súa participación foi posible grazas ao apoio da Federación de Loitas Olímpicas, que continúa apostando polos novos talentos.