O Club Loitas Olímpicas de Vilalba fíxose con seis ouros no campionato celebrado en Santiago
O pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela acolleu este sábado os campionatos galegos das categorías U15 e U20 de Loitas Olímpicas e nas que representaron ao club vilalbés 4 loitadoras e 4 loitadores.
Na categoría U15 destacou o pleno de ouros acadado polas deportistas vilalbeses. Sara Martínez, Alejandra Valle, Noela González Carreira e Jimena García subiron ao máis alto do podio dominando as súas categorías. Nesta mesma, Enrique Seoane tamén obtivo o ouro, mentres que Héctor Somoza fíxose coa prata despois dunha axustada final e Aldán Balbona acadou o cuarto posto no seu primeiro Campionato Galego. Nesta categoría o club obtivo a segunda praza por equipos por detrás do Keltoi de Vila de Cruces.
Na categoría U20 Kevin Cuba dominou en 97 kg facéndose co ouro mentres que Xiao Seoane obtivo o cuarto posto en menos de 74 kg.
Varias destas deportistas quedan así clasificadas para os campionatos de España U15, que terá lugar a finais de marzo en Cartajena.
A próxima actividade será o Campionato Galego U13 e U17 en Pontevedra e no que repetirán varias destas deportistas xunto a outras e outros compañeiros do club.