O Club Loitas Olímpicas Vilalba acada o segundo posto na Xornada Norte da Liga de Deporte Base

TerraChaXa
O equipo vilalbés estivo formado por un total de 26 deportistas con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos
equipo-loita-olimpica-vilalba
13 Apr 2026

O Club Loitas Olímpicas Vilalba participou este sábado na Xornada Norte da Liga de Deporte Base, celebrada na propia localidade, logrando un destacado segundo posto na clasificación final.

O equipo vilalbés estivo formado por un total de 26 deportistas con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, que competiron nunha xornada marcada polo bo ambiente e o carácter formativo da competición. O primeiro posto foi para o club Keltoi de Vila de Cruces.

Esta liga conta cun importante compoñente lúdico, con regras simplificadas e adaptadas ás categorías de base, co obxectivo de facilitar a participación de todos os nenos e nenas, independentemente do seu nivel.

Tras este resultado, a escola vilalbesa xa ten a vista posta na final A, que se celebrará o vindeiro 16 de maio e na que competirán os tres primeiros equipos desta xornada xunto cos tres mellores clasificados da Xornada Sur.

0.10202407836914