O Club Moo Duk Kwan de Vilalba organiza unha conferencia o 31 de agosto
Desde o Club Moo Duk Kwan de Vilalba, despois de perder a súa actividade Galibudo, crean un novo punto de encontro aberto ao colectivo do deporte en xeral desde a perspectiva das artes marciais.
Será unha conferencia onde se falará sobre o obxectivo principal na transmisión das artes marciais (aplicado a calquera disciplina deportiva), a práctica do deporte en valores, como se debe orientar o desenvolvemento do practicante, os beneficios da competición, o traballo en equipo, o saber gañar e saber perder, o contexto familiar, etc.
A cita será no Centro Cultural Recreativo de Vilalba o vindeiro 31 de agosto ás 19.00 horas e será un acto aberto a todo o mundo, pero especialmente enfocado a deportistas e pais, e pode ser de interese para os profesionais. ç
Os relatores deste acto serán Benjamín Reyes Martín, licenciado en Medicina, mestre de Karate (Seidokai); Francisco Garrido, mestre de Tae Kwon-Do, cinto negro 8 Dan, ex competidor de elite, ex seleccionador e adestrador selección catalá de TKD; Francisco Ruiz Rey, ex presidente Rácing Club Vilalba 2013-2021, adestrador futbol nivel 2, e árbitro RFEF; Alberto Cuevas Calderón, alumno do mestre okinawense Choyu Hentona desde 1974, Cinto negro 7º Dan de Karate, 5º Dan de Ju Jutsu, 5º Dan de Goshin Jutsu e campión nacional de boxeo en 1981; e o coordinador, Antonio Montes Hermida.