O Club Náutico Folixa organiza un campamento de Semana Santa con actividades náuticas nas Pontes

TerraChaXa
Os participantes poderán practicar diferentes actividades relacionadas co medio acuático e coa praia, entre as que se inclúen kayak, dragon boat, surf e paddle surf
campamento-semana-santa-folixa
14 Mar 2026

O Club Náutico Folixa celebrará entre o 30 de marzo e o 3 de abril un campamento especial de Semana Santa na praia do Lago das Pontes, unha proposta dirixida á rapazada que combina deporte, lecer e aprendizaxe durante o período vacacional.

Ao longo deses días, os participantes poderán practicar diferentes actividades relacionadas co medio acuático e coa praia, entre as que se inclúen kayak, dragon boat, surf e paddle surf. Ademais, o programa tamén incorpora xogos na praia e sesións de inglés, co obxectivo de ofrecer unha experiencia lúdica e educativa.

O campamento desenvolverase nas instalacións do club na contorna do lago das Pontes e contará cun número limitado de prazas. As persoas interesadas en obter máis información ou realizar a inscrición poden contactar coa organización a través do teléfono 655 22 15 44 ou do correo electrónico nauticofolixa@gmail.com.

A iniciativa conta coa colaboración do Concello das Pontes e pretende fomentar a práctica de deportes náuticos e o contacto coa natureza entre os máis novos.

0.11888098716736