O Club Patín As Pontes organiza o Trofeo de Patinaxe para iniciación e precompetición

Este domingo, 30 de marzo, o pavillón Monte Caxado, nas Pontes, acollerá unha emocionante xornada de patinaxe artística coa celebración do Trofeo Patinaxe de Iniciación e Precompetición. O evento, que dará comezo ás 11:00 horas, está organizado polo Club Patín As Pontes e contará coa participación de patinadores e patinadoras que están a dar os seus primeiros pasos na disciplina ou que se atopan en fase precompetitiva.
Este trofeo supón unha excelente oportunidade para que as novas promesas do patinaxe artístico poidan demostrar as súas habilidades e progresión sobre rodas. A competición conta co apoio do Concello das Pontes e diversas entidades patrocinadoras que contribúen ao desenvolvemento do deporte na comarca.