O clube ciclista Biciclistas Galegos prepara o calendario 2022
O pasado 31 de decembro Biciclistas Galegos celebrou a ruta dos cumios, unha tradicional xuntanza para despedir o ano 2021. Esta actividade puxo fin ao calendario do 2021 definido por 9 actividades realizadas en distintas zonas da provincia de Lugo e Coruña entre as que destacaron as rutas da Muller, do Forgoselo, de Abadín e varias rutas de iniciación dirixidas a fomentar o ciclismo entre os máis novos. Case medio centenar de personas participaron nestas actividades nun ano novamente caracterizado pola pandemia.
De cara o vindeiro ano, Biciclistas prepara un calendario cunha ducia de actividades de todo tipo dirixidas tanto a principiantes como a ciclistas más experimentados. A programación prevista por esta asociación para o ano 2022, abarca distintos escenarios dentro da Terra Chá, Lugo, A Capela e zonas limítrofes. As actividades comezarán no mes de marzo e rematarán o 31 de decembro e terán en conta as medidas de seguridade que en cada momento existan pola pandemia.
Coma sempre, trátase de realizar actividades que teñen por obxectivo desfrutar da bicicleta dun xeito non competitivo, reforzando o compañeirismo e a cooperatividade e poñendo en valor as riquezas paisaxísticas e turísticas das zonas onde se desenvolven. Ademais, a asociación pretende reivindicar e reforzar o uso da bicicleta como medio de transporte limpo,efectivo, e saúdable, de cara a frear a contaminación derivada dos nosos desprazamentos diarios e da cesión desigual de espazos ao vehículo de combustión fronte ao peón ou ciclista.
Se prevén máis dun milleiro de persoas nas actividades previstas 2022.