O Clube Sílex organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o tiro con arco

TerraChaXa
A actividade desenvolverase no Poboado As Veigas en dúas quendas: de 11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas
xornada-de-portas-abertas-club-silex
24 Oct 2025

O Club Sílex de tiro con arco convida a todas as persoas interesadas a participar nunha xornada de portas abertas o este sábado 25 de outubro, unha oportunidade perfecta para achegarse a este deporte e probar a súa práctica da man de profesionais.

A actividade desenvolverase no Poboado As Veigas, s/n (acceso por aserradoiro), nas Pontes, en dúas quendas: de 11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas. Durante a xornada, os asistentes poderán aprender as nocións básicas do tiro con arco e gozar dunha experiencia deportiva diferente e accesible para todas as idades.

O club anima á veciñanza a participar e descubrir “un mundo novo” a través desta disciplina que combina concentración, precisión e diversión. Para máis información ou inscricións, pódese contactar no correo arcosilex@arcosilex.org ou nos teléfonos 600 589 287 e 661 408 973.

⚙ Configurar cookies
0.075514078140259