O cole de Parga acolle unha representación de teatro este luns

O luns 29 de setembro, ás 9:30 horas, terá lugar no colexio de Parga unha representación teatral a cargo de Alentía Teatro. A compañía presentará Maleta aberta, unha obra dirixida a todos os públicos que propón experimentar o teatro como un xogo capaz de transmitir valores ao tempo que ofrece entretemento.
A montaxe preséntase como unha ventá ás historias tradicionais que lembran as narracións dos avós e avoas e está aberta a toda a comunidade.
O evento é posible grazas á colaboración da ANPA Santo Estevo de Parga e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.