O colectivo Amuraxe de Xermade organiza un magosto o sábado 22 de novembro

A asociación de mulleres rurais Amuraxe convídate a participar neste evento tradicional galego que se celebrará o sábado 22 de novembro ás 14.00 horas no local do Sindicato. O menú inclúe callos, carrilleiras, postre, bebida e, por suposto, castañas para completar a xornada de convivencia e outono.
O prezo de inscrición é de 20 euros para soci@s, 25 euros para non soci@s e gratuito para nenos. A inscrición debe formalizarse antes do 17 de novembro. Para máis información pódese contactar con Lola no 659 511 942 ou con Reyes no 609 833 857, ou ben achegarse á calquera das persoas da directiva.
A actividade supón unha excelente oportunidade para reunir a veciñanza nun ambiente ameno e festivo, reforzando o espírito comunitario e a tradición do magosto. Non perdas esta cita para celebrar o outono e gozar dunha boa sobremesa en compañía.