O colectivo Amuraxe inicia varios cursos esta tempada

TerraChaXa
Está previsto curso de cestaría e de danju así como magosto e o campionato de tute
cesteria
1 Out 2024

A Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe de Xermade inicia en outubro varios cursos dirixidos á veciñanza. Así, haberá, un curso de danju, que se desenvolverá os xoves de 11.00 a 12.00 horas cun prezo de 20 euros ao mes e que comezará o día 3.

Tamén se iniciará outro de cestaría, que será de 20.30 a 22.30 horas cun prezo de 10 euros ao mes para socias e 20 para non socias. Este curso tamén dará comezo en outubro.

Haberá, a maiores, un xantar de magosto, que está previsto para o 9 de novembro, o mesmo mes no que dará comezo o campionato de tute, que será todos os venres ás 21.00 horas.

Todo aquel que queira asistir a estas actividades, ten que anotarse nos teléfonos de Vero (651 662 583) e Lola (659 511 942).

0.16873812675476