O colectivo Castro Fest organiza a gran Festa de Entroido en Castro Ribeiras de Lea


O sábado 7 de marzo, a localidade de Castro de Ribeiras de Lea acollerá unha gran celebración do Entroido que terá lugar na Carballeira da praza da Vila, onde se instalará unha carpa climatizada de 400 m² para garantir o confort dos asistentes.
A xornada festiva arrancará ás 12:00 horas cunha animada actuación da charanga Bloco Meigallo, que percorrerá as rúas da vila. Ás 13:30 horas, o grupo JB Son protagonizará unha animada sesión vermú.
Pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase o Gran Desfile de Entroido, que estará animado e retransmitido por David Expósito. A xornada gastronómica contará cunha cea de confraternidade aberta ao público en xeral, mesmo para aqueles que non participen no concurso. O menú incluirá empanada, xamón cocido, churrasco ou criollo, sobremesa e bebida por un prezo de 20 euros.
A partir das 23:00 horas, arrancará a verbena da man do grupo JB Son e o DJ David Expósito. Ás 00:30 horas será a esperada entrega de premios e o sorteo de caixas sorpresa.
No apartado de premios, repartiranse máis de 3.500 euros en diferentes categorías. Haberá tres gañadores nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual de adultos. As retribucións serán de 500 euros a 120 euros nas tres primeiras, mentres que nas outras dúas oscilarán entre os 150 e os 30 euros.
Tamén haberá premios para grupos, parellas e individual infantil tamén con premios que van dos 2o0 euros no primeiro caso ata os 20 euros.
As reservas para participar e para o concurso estarán abertas de forma gratuíta ata 4 de marzo ou o propio día do desfile na carpa. As entradas para a cea poden adquirirse en establecementos locais como Amendoa, L&M e Bar Fénix.
O evento está organizado pola Asociación Castro Fest e conta co patrocinio do Concello de Castro de Rei e a Deputación de Lugo.
Consulta a programación en detalle nesta ligazón